A cooperativa Geomatico presenta CUBia nun encontro de información xeoespacial en Cataluña

junio 26, 2026

O 17 de xuño, a cooperativa de desenvolvemento de software Geomatico presentou o proxecto CUBia no marco do ‘26.º Fórum TIG SIG’, no Instituto Cartográfico e Xeolóxico de Cataluña. Cada ano, a Associació Catalana de Tecnologies de la Informació Geospacial (ACTIG) organiza este foro, que supón un punto de encontro e descubrimento para e entre todos os activos do sector da información xeoespacial: profesionais, administracións, empresas…

Nesta edición, realizada co patrocinio de empresas como Nexus Geographics ou Airbus GeoTech, a xornada estivo dedicada ás novas fontes de datos dispoñibles e ao seu impacto nos Sistemas de Información Xeográfica (SIX). As persoas participantes tiveron a oportunidade de compartir experiencias e apuntar tendencias relacionadas, dentro do contexto actual caracterizado polo uso frecuente da Intelixencia Artificial (IA) e a dispoñibilidade constante de información de orixe múltiple.

Relacionado coa contemplación do futuro da información espacial e xeográfica, fío condutor da xornada, un dos obxectivos perseguidos polas entidades implicadas foi o de promocionar os proxectos relacionados coa xeoinformación e as ferramentas de Sistema de Información Xeográfica (SIX) impulsados en todo o territorio español no último ano. No programa, foi integrado un espazo para que os asistentes interesados tivesen a oportunidade de presentar, de forma breve e visual, investigacións e produtos de interese.

Foi o caso de CUBia, presentado por un representante de Geomatico como un paso cara á consecución de sostibilidade e eficiencia na xestión forestal. Na súa intervención, concretou os usos posibles das tecnoloxías artificiais e da Light Detection and Ranging (LiDAR) para a optimización da organización territorial. A proposta foi especialmente aplaudida polo tecido asociativo coordinador, que convidou a empresa galega a volver na próxima edición