Cubicación forestal
intelixente

Investigación avanzada en cubicación descentralizada con arquitecturas híbridas LiDAR-SLAM / LiDAR-UAV-ALS / IA e tecnoloxías disruptoras cuánticas (Quantum Reservoir Computing, QRC) para un novo paradigma na predición forestal

Cubicación forestal
intelixente

Investigación avanzada en cubicación descentralizada con arquitecturas híbridas LiDAR-SLAM / LiDAR-UAV-ALS / IA e tecnoloxías disruptoras cuánticas (Quantum Reservoir Computing, QRC) para un novo paradigma na predición forestal

CUBia: cubicación intelixente é un proxecto pioneiro en Galicia e no ámbito estatal que busca transformar a forma en que se estiman e xestionan os recursos forestais mediante o uso combinado de tecnoloxías LiDAR-SLAM e LiDAR UAV-ALS, intelixencia artificial e enfoques innovadores baseados en módulos experimentais de computación cuántica (QML/QRC).

O proxecto

Un cambio de paradigma
na xestión forestal

O obxectivo principal é desenvolver e validar un sistema de cubicación forestal que permitirá substituír progresivamente o inventario manual tradicional, que supón un importante esforzo en termos de recursos empregados e conta con limitacións significativas en canto á cobertura territorial e á precisión, por un sistema dixital, descentralizado e remoto, baseado na captura de datos mediante sensores avanzados (LiDAR terrestre con tecnoloxía SLAM e LiDAR aerotransportado con UAV-ALS). Estes datos serán procesados mediante algoritmos de intelixencia artificial, o que permitirá levar a cabo unha modelización predictiva que será validada con datos reais de fábrica, sentando as bases dun novo paradigma na xestión dos recursos forestais.

En conxunto, o proxecto pretende mellorar a competitividade do sector madeireiro a través dunha nova xeración de inventarios dixitais, transferibles e escalables, con marxes de erro controladas e directamente aplicables á toma de decisións de empresas, propietarios e administracións públicas, nun marco de sostibilidade, bioeconomía circular e competitividade, grazas á súa integración nunha plataforma operativa.

Ademais, o proxecto alíñase coas esixencias do Green Deal europeo e da taxonomía de finanzas sostibles, facilitando a elaboración de informes ambientais e a transparencia na cadea de valor forestal.

O proxecto aliñase cos requisitos do Green Deal europeo e a taxonomía de finanzas sostibles, facilitando o reporting ambiental e a transparencia na cadea de valor forestal.

RESULTADOS ESPERADOS

Impacto do proxecto

CUBia aspira a converterse nun referente internacional en investigación aplicada á cubicación forestal dixital, con impacto directo na industria, os propietarios e as administracións.

  • Nova xeración de inventarios forestais dixitais

  • Validación industrial inédita

  • Eficiencia e trazabilidade na cadea de valor

  • Contribución ao Green Deal europeo

  • Resiliencia climática e xestión adaptativa

  • Galicia como referente internacional

Obxectivos

CUBia articúlase en torno a seis obxectivos científico-tecnolóxicos interdependentes que abarcan desde a captura de datos ata a explotación industrial dos resultados.
Caracterización de masas forestais comerciais mediante tecnoloxías LiDAR

Análise da estrutura de masas de Pinus pinaster, Pinus radiata, Eucalyptus globulus e Eucalyptus nitens a partir de datos obtidos con LiDAR-UAV/ALS e LiDAR-SLAM, avaliando e comparando a súa capacidade para describir condicións forestais complexas e heteroxéneas.

Desenvolvemento, comparación e validación de modelos preditivos

Desenvolvemento de modelos capaces de estimar peso, volume e número de pés en masas forestais das catro especies obxectivo —Pinus radiata, Pinus pinaster, Eucalyptus nitens e Eucalyptus globulus—, utilizando datos LiDAR de alta densidade (LiDAR-SLAM e UAV/ALS-LiDAR) e validando os resultados obtidos con datos reais de pesaxe en fábrica.

Sistema de aprendizaxe continua

Deseño dun sistema de cubicación forestal de aprendizaxe continua e replicable (MLOps) que permita actualizar e mellorar os modelos a medida que se incorporen novos datos, garantindo un proceso de mellora continua e a súa escalabilidade territorial.

Módulo experimental de computación cuántica

Exploración de enfoques de aprendizaxe automática cuántica (QML/QRC) co fin de analizar o seu potencial na identificación de patróns complexos e a súa futura integración en fluxos de modelización forestal, sentando as bases para a incorporación de tecnoloxías de fronteira na xestión forestal.

Resiliencia climática

Analizar en qué medida esta nova xeración de inventarios dixitais e dinámicos poden mellorar a capacidade de resposta ante situacións variables en canto a condicións de clima, territoriais, de altitude, de especie, …,  favorecendo unha xestión forestal máis adaptada e resiliente.

Plataforma de cubicación dixital

Incorporación do sistema de cubicación na plataforma Bikenta para facilitar o seu uso por parte de empresas, persoas propietarias e administracións, reforzando a interoperabilidade, a transparencia, a trazabilidade e a transferencia de resultados a entornos operativos reais.

Liderado por

Participan

Subcontratacións

ACTUALIDADE

Novas sobre o proxecto

Proximamente…

Contacta connosco