Representantes de Asesoría Forestal (Asefor), Finsa, Formación y Topografía (FORTOP), Medrar Innovation Office (MIO), Geomático, Universidade de Vigo (UVigo) ―a través do grupo de investigación Hydroforest― e Instituto Tecnológico de Galicia (ITG) mantiveron unha primeira reunión estratéxica nas instalacións de MIO, situadas no Polígono Industrial O Ceao, en Lugo. No encontro, os equipos multidisciplinarios trazaron as bases do ecosistema colaborativo que sustenta o desenvolvemento da plataforma CUBia.
A ferramenta, dende o punto de vista tecnolóxico, fundaméntase na intelixencia artificial (IA) explicable. Medrar, ITG e Asefor son as entidades encargadas da integración desta sistematización en CUBia, de forma que os resultados automatizados sexan comprensibles para propietarios e empresas forestais.
A encargada da creación do repositorio de datos que serán recollidos polos diferentes equipos de traballo e investigación é Geomética. A este depósito, o tecido universitario trasladará o recollido polos algoritmos de definición de volume madeireiro que manteñen en xestación, así como FORTOP o percibido polo dispositivo LiDAR (Light Detection and Ranging) co que implementan a información aérea ao método.
As primeiras probas serán realizadas partindo de casos reais de corta en campo. Finsa aportará masas de corta de diferentes especies arbóreas para comparar a predición previa de aproveitamento realizada polo algoritmo co inventario tratado e, finalmente, restante. Os resultados serán cotexados, principalmente, por Asefor.
CUBia da resposta á necesidade do sector forestal dunha ferramenta fiable que proporcione valoracións correctas das existencias de materia prima en terreo. Na actualidade, a cubicación dixital pasa a ser unha fonte documental indispensable para administración, empresas e persoas propietarias.